
ACTIVIDADES DO SEMESTRE
(*) Como consecuencia das obrigas educativas dos nosos xuvenís (aulas, exames, etc.), vémonos na necesidade de planificar as actividades deste grupo con pouco tempo de antelación polo que é posible que moitas das saídas non aparezan publicadas nesta web. Para ter a información actualizada, poderedes consultar o noso blog onde teredes cumprida conta de todas as actividades previstas por estas mozas e mozos.
ENTRE O GALIÑEIRO E O ALOIA
Data: 19 de xaneiro
Lugar: Monte Aloia (Tui)
RAQUETADA EN SANABRIA
Data: 8-9 de febreiro
Lugar: Sanabria (Zamora)
MUIÑOS DO FOLÓN E PICÓN
Data: 23 de febreiro
Lugar: O Rosal (Pontevedra)



SUSPENDIDA
RUTA POLA SERRA DO XURÉS
Data: 14-15 de marzo
Lugar: Serra do Xurés – Albite
SUSPENDIDA
RUTA SENDEIRISTA
Data: 29 de marzo
Lugar: O Morrazo
ADIADA
ASCENSIÓN AO MONTE MURALLA
Data: 19 de abril
Lugar: Lousame – A Coruña



SUSPENDIDA
O PICO SACRO
Data: 10 de maio
Lugar: Santiago de Compostela
SUSPENDIDA
COÑECENDO AS NOSAS ILLAS
Data: 21 de xuño
Lugar: Illas de Ons e Sálvora
CAMPAMENTO DE ESPELEOLOXÍA
Data: 12 e 13 de setembro
Lugar: Covas (Valdeorras)



SENDEIRISMO E KAIAK
Data: 27 de setembro
Lugar: A determinar
ACTIVIDADE DE BARRANQUISMO
Data: 3 e 4 de outubro
Lugar: Rio Cerves (Melón)
ASCENSIÓN AO MONTE MURALLA
Data: 18 de outubro
Lugar: Boiro – Lousame



ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO
Data: 25 de outubro
Lugar: A determinar
MAGOSTO INFANTIL E XUVENIL
Data: 7 e 8 de novembro
Lugar: A determinar
RUTA MONTE CASTELO
Data: 29 de novembro
Lugar: O Morrazo



I CAMPIONATO GALEGO XUVENIL DE ESCALADA
Data: A determinar en decembro
Lugar: Rocódromo da UVigo
MARCHA DO PAVO E BELÉN DE CUMES
Data: 20 de decembro
Lugar: Budiño


Algunhas das actividades realizadas:
Barranquismo
Desde hai uns anos un grupo de rapaces e rapazas, procedentes a maior parte deles da Sección Infantil, de arredor dos quince anos, veñen realizando actividades moi diversas pensadas exclusivamente para eles, coas que se están a introducir en novas disciplinas deportivas. A elas xa acoden sós, coa autorización asinada dos seus responsables. Estas saídas adoitan ser anunciadas na circular pero, en ocasións e debido ás peculiaridades do grupo (os calendarios escolares e outras cuestións) poden ser convocados ás mesmas tamén a través doutros medios. O máis frecuente é que acudan con un ou dous monitores do club ou mesmo co apoio doutros técnicos, segundo a actividade a realizar.
Con frecuencia o club promove, e subvenciona, cursos de escalada, montaña invernal, espeleoloxía e outros, pensados especificamente para este grupo. Loxicamente é obrigatorio estar federado, se ben, a licenza deportiva tamén conta cunha subvención por parte do club de arredor do 50%.
Pouco a pouco o grupo xuvenil vaise introducindo tamén noutras prácticas deportivas como a espeleoloxía, as travesías de montaña con vivac, campamentos, montaña invernal ou piragua, adaptadas sempre ás necesidades propias desta franxa de idade e levándoas a cabo de forma autónoma. Cando as circunstancias o permiten, o grupo realiza estas prácticas fóra de Galicia, visitando e realizando ascensións en Picos de Europa e Pireneos.