Comeza unha nova etapa

Despois de 18 anos como socio e dezaseis como directivo, os doce últimos como vicepresidente tendo como presidentes a Pedro Outón e Carlos Garrido, dou este paso adiante con ilusión e responsabilidade. Tócame encabezar unha nova Xunta Directiva coa que queremos seguir agrandando a historia do club. No mes de marzo imos cumprir 79 anos. Temos percorrido a nosa Galicia coñecendo vales, montañas, vilas, aldeas e espazos naturais das catro provincias. Temos acadado cimas nas cordilleiras montañosas máis importantes, dentro e fóra do noso país e mesmo nos adentramos nas covas galegas máis importantes coa nova Sección de Espeleoloxía.

Tamén, dende hai uns anos, temos un convenio coa Universidade de Vigo para facer cursos de iniciación e tecnificación de escalada, utilizando o rocódromo da universidade. Os socios máis pequenos teñen a oportunidade de dar os primeiros pasos, para iniciarse nesta modalidade, no búlder do local social. O boom que está tendo a escalada reflíctese nos resultados dos nosos socios, entre os que contamos con campións a nivel galego, na categoría absoluta e categorías inferiores, e postos de relevancia na competición a nivel nacional.

A nosa Sección de Medio Ambiente, recentemente creada, desenvolve unha gran actividade: divulga publicacións científicas nas nosas redes sociais, organiza actividades de mergullo para coñecer a nosa ría, con ela facemos limpezas de praias e ríos, traballamos na erradicación de plantas invasoras e mais na deseucaliptización nos montes cercanos a Vigo ou visitamos as nosas illas para saber máis dos seus ecosistemas terrestres e mariños. No 2022 celebrouse a primeira edición, nun ciclo de tres días, sobre deporte, medio ambiente e cambio climático, con conferenciantes de primeiro nivel nestes temas.
Agora temos tamén un pequeno grupo con saídas de BTT, socios das dúas rodas que queren crecer dentro do club.

A nosa Sección Infantil e Xuvenil non deixa de medrar con actividades todos os meses, non só de sendeirismo senón tamén didácticas. Ademais, algunha das súas saídas foi feita conxuntamente coa sección de adultos, para así gozar todos da montaña en bo ambiente.

Nesta nova Xunta Directiva queremos manter todas estas actividades para seguir agrandando a historia do club. Vaia por adiantado, nestes catro anos que nos tocan, o noso agradecemento a todos os socios que co seu compromiso de pertencer ao club e participar nas súas actividades, fan que o futuro de Peña Trevinca estea asegurado durante moitos anos.
Pola miña parte e a dos que me acompañan nesta nova etapa, sentímonos orgullosos deste novo paso de compromiso para facer que a historia do club siga medrando.

Unha forte aperta.

Xaneiro 2023

O voso Presidente
Lois Faro Fortes

Xosé-Lois-Faro-Fortes

LOIS FARO FORTES

Presidente

TOMÁS-CAMPO-ALFONSO-Vogalía-de-Montaña-450x450

TOMÁS CAMPO ALFONSO

Vpte 1º E COORD.MONTAÑA

?????????????

JOSÉ ANTONIO FDEZ. GLEZ.

Vpte 2ª E COORD.SENDEIRISMO

SECRETARIA_web

ANA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ

Secretaría

Tesoureiro_web

GUSTAVO BERGANTIÑO CID

Tesoureiro

fbt

ALEJANDRO CARRERA MARTÍNEZ

Vogalía de Montaña

MIGUEL A. SIESTO CALVO    

Vogal de Montaña

?

FRANCISCO JAVIER SÁNCHEZ GLEZ.

Vogalía Infantil

3

JOSÉ MANUEL GLEZ. GLEZ. (MANOLO PANXÓN)

Vogalía de Sendeirismo

VOCAL-S.-XUVENIL-EXPÉLEOLOXÍA_web

JESÚS EXPÓSITO ALONSO

Vogalía Xuvenil e Espeleoloxía 

Ignacio-Carrera-Soto-350x350

IGNACIO CARRERA SOTO

Coord. Vogalía Infantil

Ismael web Trevinca

ISMAEL PORTO BARCIELA

Vogalía Infantil

4

RAIMUNDO ALONSO MÁRQUEZ

Vogalía Infantil

Rosa-Martín-Bejarano

ROSA MARTÍN BEJARANO

Vogal de Comunicación

foto-montaña_CristinaFG-350x350

CRISTINA FERNÁNDEZ GONZÁLEZ

Vogalía de Medio ambiente

Francisco-Xosé-Viana-García

FRANCISCO XOSÉ VIANA GARCÍA

Vogalía de Escalada

PILAR PERÉZ RODRÍGUEZ

Administrativa