(Descarga o cartel premendo aquí)
Xornadas dirixidas a socios do Club Peña Trevinca (FEDERADOS) e ao persoal da Comunidade Universitaria da UVigo indistintamente.
Prazo de solicitude: día 8, desde ás 8:00h, ata o 15 de setembro ás 23:59h.
As prazas se confirmarán por correo-e aos matriculados a partir do venres día 23.
GRUPOS
DURACIÓN:
Outubro a maio. Segundo o Calendario Escolar da X. de Galicia
1º trimestre: Outubro, novembro e decembro.
2º trimestre: Xaneiro, febreiro e marzo.
3º trimestre: Abril e maio.
PREZOS:
Grupos G3, G10 e G11: Cobro mensual anticipado de 22€/mes.
Resto de grupos: Cobro mensual anticipado de 30€/mes.
CRITERIOS DE SELECCIÓN GRUPOS DE INICIACIÓN NI:
Ter participado no ano anterior.
Xente sen experiencia ou con pouca soltura á hora de realizar as manobras básicas de escalada e seguridade.
Criterio de «homoxeneidade do grupo» segundo o monitor responsable.
Orde de inscrición.
G12: prioridade persoal UVIGO.
CRITERIOS DE SELECCIÓN GRUPOS DE INICIACIÓN NII:
Ter participado no ano anterior.
Procedentes do NI e tamén para a xente que tendo un manexo básico da progresión e a seguridade en escalada, queren mellorar.
Criterio de «homoxeneidade do grupo» segundo o monitor responsable.
Orde de inscrición.
CRITERIOS DE SELECCIÓN GRUPOS DE PERFECCIONAMENTO:
Ter participado no ano anterior.
Persoas que xa posúen a habilidade e destreza suficiente para realizar todas as manobras con seguridade, e teñen un nivel superior ao 6a a vista. (Posible proba de acceso).
Criterio de «homoxeneidade do grupo» segundo o monitor responsable.
Ter participado xa en actividades de escalada co club.
Orde de inscrición.
Aclaración de dúbidas chamando ao 660 69 35 35