Actividades dos Infantís, Fotos

XORNADA DE ORIENTACIÓN EN COVELO

O pasado Domingo 18 de setembro da man do noso socio Julio Eiroa (titulado TD2) e contando tamén coa
colaboración doutro socio Alfredo Fdez. (TD1), organizamos unha xornada de orientación na
que participaron parte das familias que compoñen a Sección Infantil.

Como ben sabedes  orientarse no medio natural e fundamental no noso deporte, por elo pensamos que esta
actividade era mais que necesaria.
Comezamos o dia cunha pequena charla na que explicaron dunha maneira moi sinxela que é a orientación, o plano, a brúxula, etc.

 


A continuación da charla fixemos 2 grupos de nenos/as acompañados dun adulto e 2 grupos de pais/nais que tamén quixeron participar. Estes grupos foron saíndo cada 5 minutos a procura das devanditas sinais.

Para por en practica estes coñecementos, tiñamos disposto dúas rutas nas que colocáronse 6 balizas que tiñamos que ir atopando segundo unha órden determinada no mapa facilitado polo técnico.

 

A primeira delas recorreu os arredores da aldea de Lamela, pasando por camiños ben bonitos. Unha vez rematada este primeira quenda, paramos a xantar todos xuntos no local social do pobo e, xa pola tarde, fixemos a segunda pero esta vez foi nos arredores do campo de fútbol de Covelo.

Resumindo, o pasamos moi ben, foi moi entretido e aprendimos moitas cousas sobre mapas, brúxulas e de seguro que o ano que ven repetiremos outra vez… non si?

MAIS FOTOS AQUÍ