Actividades Montañismo e Sendeirismo

Xornada de Marcha Nórdica

O pasado sábado varios socios do club participaron nunha xornada de divulgación sobre a Marcha Nórdica. A mesma se realizou no Parque de Castrelos e todos os participantes saíron convencidos e ilusionados con esta «nova» modalidade deportiva, que xa está englobada na FGM e que leva moitísimos anos practicándose noutros lugares de Europa.
A conclusión á que chegaron todos é que máis pronto que tarde a estaremos practicando no noso club e beneficiándonos desta modalidade deportiva.