Actividades Sociais-Culturais

“Voces da Survia”

O grupo de Canto Tradicional “Voces da Survia” inicia os ensaios este xoves ás 20,00h no Local Social.
Como ven sendo dende hai nove anos, este animoso grupo de socios ensaia todos os xoves para logo pasalo ben en actuacións e seráns que se celebran ao longo do ano. Se algún socio máis quere sumarse só ten que aparecer aos ensaios e enterarse ben de que vai a cousa…
 
Se tes boa voz e gañas de pasalo ben….non o penses.
Acude xa este mesmo xoves. Comeza a tempada nº 10.