Actividades Sociais-Culturais

Visita de Erik Noya

O día 30 de decembro tivemos a sorte de recibir na sede social do  noso club a visita do escalador Erik Noya, subcampión do mundo de escalada de velocidade. Erik naceu en Venezuela, pero a súa familia é galega e aproveita calquera ocasión para visitala. Por ese cariño que lle ten á nosa terra, está empadroado en Vigo e, a partir deste ano 2022, representará á Federación Galega de Montañismo nas competicións nacionais. Actualmente reside no Centro de Alto Rendemento Deportivo de San Cugat preparándose para facerse cunha praza para participar nas Olimpíadas de París, nas que a escalada de velocidade será unha proba independente da dificultade e do bloque.
O presidente, como recordo desta visita, fíxolle entrega dunha camiseta e o libro coa historia do club, o que lle fixo moita ilusión porque aproveitará para practicar o noso idioma galego.

 

 

Intercambiamos opinións sobre a situación actual da escalada de competición en España e Galicia, da necesidade que ten Vigo dun rocódromo para poder estar á altura de calquera outra cidade e, sobre todo, alentou ás nosas campioas Araceli e Natalia Vale a continuar coa mesma motivación a pesar das dificultades. 

Gran escalador, pero sobre todo gran persoa cargado de alegría e positividade. Dende o Club desexámoslle que poida cumplir todos os seus soños.

Regresar a la lista