Novas do mundo

Unha Mágoa….

Co peche do Albergue de Ancares pasan á historia as páxinas e vivencias que moitos montañeiros galegos viviron, e vivimos, nas frías e húmidas paredes deste refuxio.
Tivo etapas -entre os setenta e os oitenta- de grande afluencia, cando ir a Ancares era verdadeiramente unha aventura. Dispuxo durante moito tempo dunha “Habitación dos Montañeiros” máis fría ca unha neveira, as ultimas transformacións foron ampliando a súa capacidade e comodidade e, a pesar de que certos problemas nunca se arranxaron, sempre foi moi querido entre o noso colectivo.
 
A nosa sección máis veterana pernoctou nel por última vez hai agora xusto un ano, e as Seccións Infantil-Xuvenil  fixéronno o pasado mes de decembro. Foron estas as derradeiras ocasións que puidemos desfrutar da amabilidade de Marcial -o seu garda e montañeiro- que tan ben nos trataba e comprendía.

 
Lamentamos que problemas financeiros e de continuidade do Histórico Club Ancares teñan como consecuencia o peche do Albergue. Ogallá algunha institución se dea de conta da gran oportunidade que para a zona significaría relanzalo en boas condicións, axudaría na necesaría dinamización desta zona. 
Nunca volveremos aos Ancares sen lembrarnos do seu Albergue.
 
 
FOTOS DUNHA ACTIVIDADE DO CLUB (XANEIRO 2012)