Sección de Medioambiente

Un ecosistema biodiverso é un ecosistema san: a problemática das especies exóticas invasoras.

A biodiversidade non é is que a diversidade de vida. Nesta definición entran todas as especies de plantas, animais, fungos e protistas, grandes ou microscópicos, que conviven nun espazo determinado compartindo ou competindo polos recursos do lugar. Así, a biodiversidade está en todas partes, dende terra, auga, e aire, ata as nosas cidades de asfalto.

Un ecosistema biodiverso é un ecosistema san. Imaxinemos un territorio moi amplo, digamos por exemplo a extensión dunha sabana en África. Imaxinemos que esta sabana ten unha cadea trófica moi simple, é dicir, cada un dos elos está formado por un só tipo de organismo. Un tipo de pasto baixo e árbores baobab como produtores primarios, un herbívoro como a xirafa, un carnívoro coma o león e un só tipo de descompoñedor adaptado a esas especies. Que pasaría se de súpeto entra no ecosistema un fungo que afecta abaobab facendo que perda as súas follas?

Pois o que pasaría é que o ecosistema completo colapsaría en cuestión de pouco tempo. A xirafa xa non tería follas que comer, o león non tería xirafas e pouco a pouco os descompoñedores tamén se irían quedando sen follaxe e materia orgánica que descompoñer.

A presenza ou ausencia de certos organismos, ten repercusións no funcionamento dos ecosistemas1, dende o ciclo de xeración e consumo de nutrientes ata a regulación do clima. Canto máis rico é o ecosistema, máis biodiverso, máis posibilidades ten de afrontar ameazas e cambios. É o que se denomina ser máis resiliente. E é precisamente aquí onde radica a principal importancia das especies exóticas invasoras.

Figura 1. Procedencia de distintas especies exóticas invasoras naturalizadas en España2.

Na actualidade, as probabilidades de que un organismo calquera chegue a un lugar novo, afastado do seu lugar de orixe, son moi altas. Isto débese a que vivimos nun mundo moi globalizado, tanto o transporte en avión, coma en barco ou mesmo coche, eliminan as fronteiras naturais e se converten en grandes factores de dispersión de especies. Cabe mencionar aquí que as aves e o vento tamén son factores de dispersión, e que as invasións biolóxicas por especies exóticas son parte dun factor natural de dispersión, non obstante, o son a moita menor escala do que está a acontecer na actualidade por mor das actividades antropoxénicas (entendidas como uso de medios de transportes3, uso intensivo do solo4 e contaminación5). Isto leva ao que se coñece como globalización da natureza.

En resumidas contas, cando unha especie chega a un lugar novo pode morrer ou proliferar. Aí reside a diferenza entre especies exóticas e especies exóticas invasoras. As especies exóticas invasoras son capaces de sobrevivir fóra do seu hábitat de distribución natural, son capaces de reproducirse e teñen certas vantaxes sobre os organismos autóctonos do lugar, de modo que chegan a naturalizarse nesa nova ubicación.

No seguinte vídeo tedes un exemplo explicativo do que ocorre cando unha especie exótica potencialmente invasora chega a un ecosistema novo e o convirte no seu hábitat.

deo do proxecto Divulgare do grupo de investigación de Ecoloxía e Evolución de plantas da Universidade de Vigo6.

Neste caso, o visón americano ten certas características que o fan máis aventaxado no medio que o visón europeo. É is grande e forte, máis agresivo e porta virus perniciosos para as especies nativas, entre outras cousas. Así, reprodúcese sen problema chegando a mermar considerablemente a poboación do visón autóctono.

No océano tamén ocorre. Con todo, a historia é is complexa e difícil de seguir principalmente porque non gozamos de tantos datos, pero tamén porque o control e a retirada de especies alóctonas implica unha loxística moi complicada nun medio tan dinámico.

    Non obstante, a perda de biodiversidade debido á introdución de especies exóticas documéntase dende hai tempo. O seguinte gráfico recopila información de 185 investigacións onde se comparan hábitats con presenza e ausencia de especies exóticas invasoras, calculando o efecto que teñen as especies alóctonas sobre a diversidade bioloxica do hábitat seleccionado.

Figura 2. Efecto positivo ou negativo da presenza de especies exóticas invasoras nos ecosistemas acuáticos e terrestres para distintas categorías de organismos7.

O que se amosa neste gráfico, é que, na maioría dos casos, a presenza destas especies derivou nunha perda de biodiversidade, tanto en hábitats terrestres coma acuáticos, e tanto de organismos simples coma complexos, como as algas ou as aves.

Podemos chegar a pensar que todo isto forma parte do cambio natural e que non debemos preocuparnos en exceso. Pero realmente, o que está a acontecer é que imos camiñando pasiño a pasiño cara a ese ecosistema de selva tropical que puxemos de exemplo, onde cada vez quedan menos especies, facendo un ecosistema pouco resiliente, susceptible a que calquera estresor de carácter natural ou antropoxénico lle afecte.

Sen ir máis lonxe, e cun exemplo que nos toca de preto, neste artigo, xa falamos da importancia do eucalipto como especie exótica invasora nos montes galegos. Xa vimos que onde medra eucalipto dificúltaselle a reprodución a outras plantas e que son poucos os organismos autóctonos que poden sacar proveito desta árbore. Tamén se falou de que tiña unha capacidade de expansión que non hai que pormenorizar e que ocupa un gran territorio nos montes da Galiza. Agora ben, se cada vez temos máis eucalipto e de súpeto un ano se dan as condicións adecuadas para que o picudo ou gorgojo do eucalipto (Gonipterus scutellatus) prolifere máis do habitual…zas! O eucalipto entra en crise, e o pouco ecosistema que tiñamos desaparece tendo unhas repercusións en cadea que xa nos podemos imaxinar, neste caso sobretodo repercusións económicas.

Por dar un dato económico, xa no ano 2005 se calculou que as especies introducidas en Estados Unidos provocaron unha perda de 120.105 millóns de dólares americanos nun só ano8. Perdas medidas como danos ambientais, de cultivos, de introdución de axentes patóxenos ou de saúde humana. Aquí é onde ún se para a pensar se non sería mellor evitar e controlar a entrada de especies alóctonas en vez de invertir cartos e arranxar o estropicio…

E aínda que pareza un problema local, nada máis lonxe da realidade. Están documentadas especies que comenzaron a súa viaxe moi lonxe e en poucas décadas percorreron miles de km estendéndose por todo o globo. Por exemplo, a alga Caulerpa taxifolia, alga tropical empleada en acuarios e introducida accidentalmente dende Mónaco no 19849, hoxe ocupa a meirande parte do Mediterráneo documentándose tamén en augas de EEUU. Podedes atopar máis exemplos nas referencias citadas ao final.

É cuestión de tempo que unhas poucas especies se fagan eco en toda a terra, e otras poucas no mar. Os estresores do cambio climático, xunto coas intervencións directas do ser humano, provocan a perda de hábitat de moitas especies, o que non fai máis que poñerllo complicado á biosfera. Pero xa falaremos disto noutro capítulo…

Aproveito para dicir que de cara a setembro, no local social do club Peña Trevinca, teremos unha charla de José María Sánchez Fernández, investigador da UVIGO e unha posterior xornada de retirada de especies exóticas invasoras polos montes da contorna de Vigo, xa iremos dando máis detalles a medida que se acerque a data.

Unha aperta.

Cristina Fernández, vogal de Medioambiente.

Referencias bibliográficas

1 Vilá, M.; Espinar, J.L.; Hejda, M.;Hulme, P.E.; Jarosik, V.; Maron, J.L.; Pergl, J.; Schaffner,U.; Sun, Y. and Pysek, P. (2009) Ecological impacts of invasive alien plants: a meta-analysis of their effects on species, communities and ecosystems. Ecology Letterts 14: 702-708 doi: 10.1111/j.1461-0248.2011.01628

2 Dirección General de Medioambiente, Proyecto LIFE 10 NAT/ES/000582. Lucha contra las especies invasoras de las cuencas hidrográficas de los ríos Tajo y Guadiana en la Península Ibérica.

3 Wilting, H.C.; Schipper, A.M.; Bakkernes, M.; Meijer, J.R. and Huijbregts, A.J.  (2017) Quantifying biodiversity losses due to human consumption: A Global-sclale footprint analysis. Environmental Science & Technology 51:3298-3306 DOI: 10.1021/acs.est.6b05296

4 Dudley, N. and Alexander, S. (2017) Agriculture and biodiversity: A review. Biodiversity 2017. doi.org/10.1080/14888386.2017.1351892

5 Beketov, M.A.; Kefford, B.J.; Schäfer, R.B. and Liess, M. (2013) Pesticides reduce regional biodiversity of stream invertebrates. PNAS 11:11039-11043 doi/10.1073/pnas.1305618110

6 Proxecto Divulgare, Universidade de Vigo: http://plantecology.webs7.uvigo.es/divulgare/

7 Mollot, G.; Pantel, J.H. and Romanuk, T.N. (2017) The effect of invasive species on the decline in species richness: A global meta-analysis. Advances in Ecological Research 56 ISSN 0065-2504 .doi.org/10.1016/bs.aecr.2016.10.002

8 Pimentel, D.; Zuniga, R. And Morrison, D. (2005) Update on the environmental and economic costs associated with alien-invasive species in the United States. Ecological Economics 52:273-288.

9 Lowe S., Browne M., Boudjelas S., De Poorter M. (2004) 100 de las Especies Exóticas Invasoras más dañinas del mundo. Una selección del Global Invasive Species Database. Versión electrónica: www.issg.org/ bookletS.pdf.

Regresar a la lista