POLA SERRA DE URBASA

4 a 8 decembro 2021

“Entre borrascas”. Así teriamos que chamar a esta actividade dado que apesares de todas as ameazas dos medios de comunicación puidemos, no medio da neve iso si, disfrutar dunhas paisaxes marabillosas. Así pois, entre unha borrasca e outra, non tivemos moitas dificultades en percorrer os faiais cubertos de neve que ofrecían un  aspecto espectacular.

 

Pódese dicir que o noventa por cento do que tiñamos preparado levámolo a cabo sen moitas dificultades meteorolóxicas.

 

 A situación do albergue, moi pretiño do centro histórico de Estella-Lizarra, facilitounos o poder pasear polas súas rúas tras as actividades.

Rematamos así as saídas longas deste 2021 e vos deixamos AQUÍ  unha lembranza en imaxes.