Novas do mundo

«Trevinca» na «Travesera Integral Picos de Europa 2017»

O noso intrépido e incansable socio Javier Pereiro representará ao Club Peña Trevinca esta fin de semana na «TRAVESERA INTEGRAL PICOS DE EUROPA 2017», proba do Campionato de España de carreiras por Montaña Ultra, con 74 quilómetros de percorrido e 6.560 metros de desnivel positivo, a realizar nun máximo de 20 horas.
Como vedes, unha aventura reservada unicamente a superhomes, novos e arriscados, como o noso Javier.

Desexámoslle desde aquí toda a sorte do mundo. Á súa volta comentaranos a experiencia, seguro.
¡¡¡¡A POR ELA, JAVI!!!!