Actividades Montañismo e Sendeirismo

TRANSCANTÁBRICA AO REVÉS (Porto Tarna- Porto S. Isidro, 29 e 30 Agosto)

Lembrade, que dende HOXE, MARTES 18, xa podedes chamar para pedir información e apuntarvos a esta actividade (Teléfono de actividades do Club 660.69.35.35)

Para a derradeira fin de semana de Agosto os da Sociedad Deportiva Torrelavega, comandados polo noso amigo Fernando, teñen programado o percorrido entre estes dous grandes portos leoneses.
Se lembrades, en Febreiro do 2011, na nosa “Trans”, tentamos este percorrido (ao dereito, Porto de San Isidro – Porto de Tarna), mais todas as borrascas do mundo e a néboa aliáronse para facernos a vida imposible.
Temos agora unha segunda oportunidade para facer cumes coma O Remelende (1888 m.), A Rapaína (2022 m.), Peña El Viento (2000 m.) ou o afiado Pico Torres (2100 m.).
O vivac (asistido) farase na Collada Acebal, no fondo do regato Wamba.
 
 

ANIMÁDEVOS

¡¡¡¡APROVEITEMOS ESTA NOVA OPORTUNIDADE!!!!