Actividades dos Infantís, Actividades Escalada

TECNIFICACIÓN ESCALADA

As nosas socias Estela Miles e Araceli Vale foron novamente seleccionadas nas probas de “Tecnificación en Escalada”, co cal estarán becadas pola Xunta de Galicia e seguirán recibindo adestramentos específicos en Santiago de Compostela, seguidos polos técnicos da FGM-EGAM.
A nosa NORABOA a elas e tamén a Natalia Vale e Xián Peláez, grandes promesas que quedaron ás portas de conseguilo, sendo os dous claros aspirantes a logralo na seguinte convocatoria.
 
NO CLUB PEÑA TREVINCA ESTAMOS MOI ORGULLOSOS POLO VOSO TRABALLO.
PARABÉNS!!!
 
 
Araceli, Natalia e Estela preparándose para unha xornada de escalada na costa