Actividades bicicleta, Notas Informativas

TAMÉN EN BTT


O noso socio Alberto Ruibal “Tito” leva algúns meses intentando formar un grupo de socios e socias do club para formar un grupo e saír a realizar rutas en BTT.

Lanzamos esta mensaxe para dicirvos que apoiamos esta iniciativa e convidamos a aqueles que o desexen a que chamen ao club para ir formando unha lista e avisarvos en canto haxa unha actividade programada. 


¿Unha futura Sección de BTT? Por que non…. ¡Animádevos pois!