Mulleres para traer ao presente

Son moitas, moitas máis das que nun principio puideramos imaxinar. E, certamente, temos que utilizar esta palabra “imaxinar”, destinada para referirse a sucesos ou cousas que non existen, cando queremos pensar en destacar a mulleres cun papel na historia que tería que ser coñecido e valorado por todas e todos. Non deberiamos ter que  imaxinar nin supoñer  se  o noso coñecemento fose máis amplo como consecuencia de que estas grandes mulleres, que as hai en todos os ámbitos da vida,  tiveran no seu momento o merecido recoñecemento e a posterior divulgación da súa valía ou aportación á sociedade.

Lamentablemente non é así, e continuamos atrapados na ignorancia coa que fomos “educados” deixando atrás coñecementos e feitos que, de telos recibidos axeitadamente e no seu momento, hoxe xa teríamos moito camiño andado e viviríamos cara a unha sociedade máis xusta e equilibrada. Cando aínda andamos nestas é que, intencionadamente ou non, algo fixemos mal.

Con esta breve reflexión quero facer unha pequena aportación, para dar a coñecer a mulleres cuxa aportación á sociedade segue sen ser suficientemente coñecida, e recoñecida tamén.

HEDY LAMARR (Austria 1917- EEUU 2000)

Enxeñeira, inventora e famosa actriz de Hollywood, os seus descubrimentos permitiron o desenvolvemento do WIFI. Era considerada unha das actrices máis belas do mundo e a inventora do sistema de comunicacións denominado “técnica de transmisión no espectro alargado” no que se basean todas as tecnoloxías inalámbricas de que dispoñemos na actualidade. Actriz, enxeñeira de telecomunicacións e inventora cuxo encanto e elegancia eclipsou as súas outras facetas.

 Carlos Garrido

Fonte de información: Universidade Politécnica de Madrid.

PINCHAR AQUÍ.

PROGRAMA DE ACTOS EN MARZO CON MOTIVO DO «8 DE MARZO»- DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Esta é toda a información da programación dos actos que, a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo  e o Consello Municipal da Muller, organiza no mes de marzo con motivo da conmemoración do «8 de marzo»- Día Internacional das Mulleres.

Diferentes espazos da cidade acollerán no mes de marzo unha amplia e variada programación:

Proxeccións de filmes, representación de obras de teatro, recital de poesía, actuacións musicais, contacontos,

Ademáis de unha visita guiada polo Roteiro feminino Sons de Mulleres, Pleno específico do Consello Municipal da Muller e o acto de entrega do X Premio de Igualdade «Ernestina Otero» a África González Fernández.

Entrada libre ata completar a capacidade dos locais.

Máis información en www.igualdadevigo.org

Ligazón ao PDF do programa completo

Ligazón ao PDF da invitación aos premios