Actividades Montañismo e Sendeirismo

SERRA DO BANZANZA

XA ESTÁ ABERTA A LISTA
Saímos o 9 de xuño ás 8h. da Praza de España

No mes de xuño achegarémonos á Serra do Barbanza para facer a nosa actividade, concretamente aos concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Iniciaremos a ruta en Aldeavella, onde finaliza a carretera asfaltada que parte de A Pobra do Caramiñal. As casas abandonadas de Aldeavella emprázanse á beira do o Pedras por onde faremos o primeiro tramo do noso percorrido, remontándoo ata  a ponte da Miserela. Nese punto xúntanse os dous ríos que baixan da Curota: o San Xoán e o Barbanza, para formar o Pedras. Segundo remontamos o río aparecen ante nós multitude de pozas e tobogáns. De vez en cando será bo deterse e contemplar a paisaxe que se divisa ás nosas costas. A a de Arousa ábrese cada vez máis diante dos nosos ollos.



Chegados aos chans do Barbanza xiraremos cara ao miradoiro da Curotiña, xa sempre coa a de Arousa ao fondo. Din que desde aquí, nos días despexados, podemos alcanzar a ver desde o cabo Finisterre ao monte Santa Tecla, o que o convirte nun dos mellores observatorios de Galicia.
Sempre en descenso, pasando primeiro polo miradoiro de Valle Inclán e logo polo cruceiro de Moldes, dirixirémonos ata o polígono industrial Xarás onde nos espera o autobús para levarnos á praia do Vilar no Parque Natural das Dunas de Corrubedo.


Os que o desexen poderán darse un baño nas augas desta magnífica praia.
Non volo podedes perder. Anotádevos!!!!