Compre aclarar que, dentro da celebración da IV Semana da Espeleoloxía en Mondoñedo, tanto o sábado 13 como o domingo 14 de novembro tamén teremos actividade sendeirista como en calquera outra actividade do club.
Así, o sábado, dentro da ruta que faremos en A Pontenova, vistaremos de xeito gratuíto a mina de Consuelo, dunhas dúas horas de duración, para a continuación continuar camiñando. Logo nos desprazaremos a Mondoñedo para participar, tras unha pequena visita turística, nun acto no auditorio municipal sobre covas e ríos subterráneos do Espeleoparque da Mariña.
Para o Domingo, de xeito voluntario e con prazas limitadas, poderemos visitar A Cova do Rei Cintolo e continuar cunha nova marcha sendeirista na zona.
Para a actividade puramente de espéleo xa están cubertas as prazas e solicitado o permiso. Para os máis pequenos teremos unhas rutas doadas para eles, ademais da visita á mina que tamén poderán facer e disfrutar.
Estaremos aloxados no Seminario de Santa Catalina, excelente lugar en Mondoñedo que paga a pena coñecer.
A lista vai moi ben pero necesitamos comunicar canto antes a cifra de participantes. Si vos animades a acompañarnos, por favor, chamar canto antes para apuntarvos.