Actividades Espeleoloxía, Actividades Montañismo e Sendeirismo

SENDEIROS, MINAS, COVAS , ESPÉLEO EN MONDOÑEDO

 

Outra fin de semana completísima, desta volta en Mondoñedo,   Celebrando a  IV SEMANA DA ESPELEOLOXÍA.

Apoiados para elo polo Club Cetra, realizamos o sábado unha actividade que nos levou a visitar a Mina Consuelo, en Vegadeo, cun interesante percorrido posterior polo antigo trazado do ferrocarril. Mentres a sección de espéleo  desprazouse á Cova do Rei Cintolo con Suso, Alfredo  e Marcos Vaqueiro co seu equipo para percorrela en boa parte tras cinco horas alí metidos.

Tras pasar polo seminario, onde fixemos pernocta, nos desprazamos ata o auditorio municipal para disfrutar dunha interesantísima proxección sobre as covas e ríos subterráneos do Espeleoparque da Mariña.

Para o domingo quedou un novo percorrido sendeirista pola Ruta da Auga e a visita máis curta e doada  á Cova do Rei Cintolo,  en dous grupos de dez persoas, mentres os demais seguían camiñando.

Grazas a club CETRA e a Suso Expósito,  unha vez máis, e a todos vos con que disfrutamos unha boa fin de semana que, grazas aos que nos enviástedes fotos, podemos lembrar AQUI.

Regresar a la lista