Actividades Montañismo e Sendeirismo

SENDEIRO DE O PEILÁN-MOSTEIRO DE OSEIRA

Domingo 23 de enero

Non podíamos comezar mellor a nosa tempada sendeirista do ano. Ogallá sexa unha boa sinal tras dous anos cheos de incertezas.

Nunha fermosa e xeada mañá, preto de cincuenta socios e socias, con algunhas persoas que quixeron vir probar unha camiñada con nós, levamos os nosos pasos a percorrer corredoiras, camiños enlousados e levadas  a carón do río Arenteiro, por frondosas carballeiras e aldeas e muíños durmidos no tempo.

Xa pola tarde, o río Oseira conduciunos ata o mesmo mosteiro cisterciense de Oseira do S. XII. Visita guiada e moi agradable levada a cabo por Yolanda que, con moito interese e gran profesionalidade guiounos  polos espazos máis interesantes e fermosos do mosteiro.

Visitamos, como non, a antiga botica monástica  onde unha placa lembra e recoñece o gran traballo e aportación do noso socio e Amigo Miguel Álvarez Soaje na súa recuperación. Miguel foi, como moitos sabedes,  ata hai un ano, vogal da S. Infantil do noso club.

Tamén dende aquí Grazas Miguel.

En resumo, xornada moi completa a que disfutamos neste domingo de febreiro, frío e soleado, dos que curan os xamóns, como ten que ser.

Unha actividade que inspirou o agradecemento de Jimena, socia que debutou nesta xornada. Este queda fermosamente reflexado neste poema que nos dedica a todos. Moitísimas grazas.

 

Coma sempre deixámosvos algunhas imaxes desta agradable xornada se premedes AQUÍ.