ACTIVIDADES DO SEMESTRE

CAMIÑO NATURAL DO RÍO BARBANTIÑO
Data: 22 de xaneiro
Lugar: Punxín-Amoeiro

MACIZO VALDEPRADO-LEITARIEGOS
Data: 11 e 12 de febrero
Lugar: Leitariegos

RUTAS DAS ESTRELA.ETAPA V
Data: 26 de febrero
Lugar: Outes-Río Tambre

LUBIÁN-ALTO TUELA
Data: 11 e 12 de marzo
Lugar:

CASA DO PATRÓN
Data: 26 de marzo
Lugar: Lalín

PARQUE NACIONAL DE GUADARRAMA
Data: 6 ao 9 de abril
Lugar: Guadarrama

Ruta con Discamino
Data: 23 de abril
Lugar: Vila Nova de Cerveira

ARRIBES DEL DUERO
Data: 29 de abril – 01 de maio
Lugar: Aldeávila

RUTA DO ALTO VEZ ETAPA III
Data 14 de maio
Lugar: A Peneda

A FONSAGRADA
Data: 27 e 28 de maio
Lugar: A Fonsagrada

MUIÑOS DE SAMIEIRA
Data: 4 de xuño
Lugar: Combarro

BABIA
Data: 17 e 18 de xuño
Lugar:

CASTRO DE BAROÑA-ENXA
Data: 2 de xulio
Lugar: Porto Son

PICOS DE EUROPA
Data: 28, 29 e 30 de xulio
Lugar: Interprovincial

CAMPAMENTO DE VERÁN
Data: 1 ao 10 de agosto
Lugar: Val de Núria (Girona)

ACTIVIDADES DE SENDEIRISMO

O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia leva a cabo unha ou dúas actividades de sendeirismo cada mes. Estas teñen lugar os domingos e, maioritariamente, utilizando sendeiros homologados das catro provincias galegas e do norte de Portugal. Os “trilhos” portugueses, ao percorrer un rural aínda máis habitado e conservado que o galego, manteñen un valor etnográfico que nos anima a percorrelos con bastante frecuencia.

Os desprazamentos ata o lugar das actividades fanse en autobús, podendo así realizar percorridos lineais e, en moitos casos, resultando  estes máis económicos e seguros para os socios.

O normal é que estes percorridos a pé teñan entre 20 e 25 km de lonxitude, dependendo da época do ano, sendo doados de percorrer xa que están controlados os ritmos e os tempos de descanso polas persoas responsables da andaina.

Nas actividades de dous ou máis días (hai unha cada mes) tamén adoitamos  facer unha opción para senderistas, cun percorrido máis doado, utilizando sendeiros balizados ou non, pero camiñando por zonas a media altura dunha beleza espectacular, polas montañas de León, Asturias, Cantabria, etc.

O SENDEIRISMO:

O sendeirismo é unha actividade deportiva, dentro do montañismo, que consiste en facer percorridos a pé en entornos naturais, seguindo sendeiros balizados e/ou homologados.

Para facilitalo, existen unha serie de marcas e topoguías descritivas que forman parte da normativa de homologación da Federación de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME). Moitos destes sendeiros están promovidos por entidades locais para dar un pulo ao “Turismo rural”, transcorren, por iso, entre vilas e aldeas véndose así complementadas estas rutas co valor etnográfico e cultural.

Hai certo costume en confundir sendeirismo con excursionismo ou “trekking”, que consiste en camiñar de xeito autónomo polo medio natural, sen ningún tipo de sinais que delimiten ou indiquen o percorrido.

En Galicia o sendeirismo tivo os seus comezos a principios dos noventa, anos nos que se homologaron os primeiros sendeiros: PRG-1 e PRG-2. O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia tivo bastante protagonismo neses momentos iniciais ao chegar a promover e homologar 3 sendeiros, nos concellos de Cuntis e Valga: os PRG 20, PRG 21 e PRG 22, hoxe xa descatalogados pola Federación Galega de Montañismo (FGM). As autoridades locais, que na nosa terra aínda hoxe non perciben os beneficios que esta práctica deportiva aporta, xunto  co difícil mantemento dos sendeiros pola constante “invasión vexetal” da propia natureza que obriga a unha limpeza constante dos camiños, o abandono  do rural e o continuo asfaltado das pistas, necesario ou non, fan que moitos sendeiros terminen por non seren utilizados, perdan o seu valor inicial e se vexan condenados á súa desaparición ao concorrer xuntas todas estas circunstancias.

No ano 1993, o noso club iniciou o deseño e realización dun GR, con enorme traballo dalgúns socios, como Pepiño Costas, Sito e os responsables do club naquel momento, como Alberto Canle, que foron unindo camiños, lugares e parroquias entre Vigo e Santiago de Compostela, dando así forma  e continuidade aos 126 km do GR 94, “Sendeiro Rural de Galicia”, o único promovido polo club que, “apadriñado” en tramos por algúns socios  que velan polo seu mantemento, segue vixente nas guías de sendeiros e revistas do ramo, continuando así a ser percorrido polos senderistas galegos e polos que veñen de fóra.

Noutras comunidades onde o entorno natural está máis conservado e as administracións tomaron conciencia, hai tempo, da importancia que ten esta práctica deportiva, tecendo unha importante rede de sendeiros, agora poden ollar con satisfación uns datos económicos favorables. Así, na comunidade de Aragón, cifran os beneficios en 158 millóns de euros ao ano, segundo datos da Feira Internacional de Turismo (Fitur) celebrada en xaneiro de 2016.

GALERIA DE FOTOS