Actividades Actividades Sociais-Culturais

SENDEIRISMO CA UVIGO

 

 

No Club Pena Trevinca tivemos o pasado sábado día 19 unha nova colaboración ca UVigo. Neste caso foi dar apoio a unha actividade sendeirista a un colectivo formado por xovenes universitarios que forman parte do grupo de ERASMUS dá facultade de Ciencias do Mar.

 

Un percorrido entre o campus e a zona Zamáns, camiñando a carón do encoro e dos muíños nunha mañá solleira, fixo que preto de 30 rapaces de nacionalidades tan distintas como España, México, Brasil, Perú, Romanía, Bulgaria, Alemaña, Italia, Austria, e quizais esquezamos algunha, desfrutaramos desta paisaxe tan nosa.

 

Quedan AQUÍ algunhas imaxes para lembrar.