23 e 24 setembro
Aínda quedan prazas para anotarse a esta saída. Animarvos.
Os que van durmir en Negreira (Grupo B), en habitación ou albergue, NON precisan levar saco, só roupa de baño. Para cear e almorzar teñen negocios dabondo en Negreira.
Os que van durmir de vivaque en Ponte Maceira (Grupo A), teñen que levar tenda de campaña, saco de durmir, esterilla, así como as cousas para asar: pan, chourizos, touciño, viño, postre, café, ou o que lle apeteza a cada un. Os que queiran do Grupo B poden sumarse a esta cea campestre.
Como adianto de ese memorable momento da acampada BBQ, aquí tedes una foto do lugar onde imos montar a farra.
A esquerda vedes ao dono da finca, o noso amigo “Yack”. Como bo irlandés, luce pantalón curto, sen camiseta, e con chapeu para cubrir o súa melena roxa (o xogo coa barba). Xa ten todo preparado para o evento.
A dereita, podedes observar que a grella de facer os chourizos é de altura variable.