Actividades de neve, Actividades Montañismo e Sendeirismo

SEMANA SANTA EN SAN ISIDRO


Nesta Semana Santa desprazarémonos á zona de San Isidro. Estaremos no Parque Rexional de Picos de Europa, figura ambiental que inclúe na súa parte máis setentrional o Parque Nacional dos Picos
de Europa.

Para o xoves temos a ascensión ao pico Susarón (1878 m.). O venres temos un clásico: o camiño de Wamba. Faremos nese día os cumes de Peña El Viento (1992 m.), Rapaínes (2019 m.) e A Rapaona (1973 m.), picos do cordal que vai ata o porto de Tarna.

O sábado, dende terras asturianas acercarémonos cruzando vellas “majadas” de pastores ata os xigantes do cordal de Fuentes de Invierno: o pico Fuentes (2000 m.) e pico Nogales (2071 m.), nunha ruta circular de certo 
desnivel.

Para o derradeira xornada deixamos o pico Torres (2098 m.) marco e sentinela do porto de San Isidro, cume de explosiva ascensión.


A LISTA ESTA ABERTA DENDE HOXE DIA 2 ATA O DÍA 12 DE ABRIL

Todas as xornadas haberá variantes máis doadas para o Grupo B ou senderistas e os esquiadores, de pista ou de fondo, terán todos os días a posibilidade de gozar das estacións de San Isidro e Fuentes de Invierno.