En todas as prácticas deportivas a SEGURIDADE é un asunto de enorme importancia e se queremos ser responsables con nós mesmos, e cos demais, teremos que prestar moita atención a algo que forma parte tan directa con este deporte como o é a nosa propia protección e seguridade. Unha simple lesión, por non ter en conta estes principios, pode causarnos consecuencias que poden ir dende ter que botar moito tempo tratando de recuperarnos fisicamente, como ata ver coutadas as nosas expectativas deportivas. Por non falar de consecuencias irreversibles.

Noutro eido, cada vez máis, os custes da cobertura de accidentes que nos aporta a Licenza Federativa pode verse incrementado polo elevado número de persoas que practican deportes de risco. A mellor maneira de non aumentar os accidentes na mesma proporción é procurar a nosa formación nesta materia e actuar responsablemente.

Por estas razóns consideramos que todos debemos de concienciarnos e, si estamos decididos a practicar o Montañismo en calquera das variantes que nos ofrece, a SEGURIDADE EN MONTAÑA ten que ser unha prioridade a ter en conta xa, mesmo antes de calzar as botas.

RECOMENDACIÓNS BÁSICAS PARA O SENDEIRISMO E O MONTAÑISMO PULSANDO AQUÍ

FEDME: Prevención e Primeiros Auxilios ante as tormentas eléctricas 

Tamén no enlace MONTAÑA SEGURA, que está promovida entre outros pola Federación Aragonesa de Montañismo, ides atopar moitos dos conceptos e coñecementos imprescindibles para disfrutar o noso deporte con responsabilidade. ASEGURATE DÁNDOLLE UN REPASO.