Actividades dos Infantís, Notas Informativas

Saída 13 de febreiro

Ola a todas/os…  como xa sabedes pola circular, o domingo 13 de Febreiro  iamos facer unha ruta polo concello de Covelo para coñecer o foxo de lobos ali existente… pero un imprevisto  de última hora obríganos a deixalo para un pouquiño mais adiante. 

No seu lugar (o dia e o mesmo) faremos un sendeiro circular de 8 kmts aprox polo rio Xesta no concello de A Lama. Trátase do sendeiro PR-G24 que acompaña o rio polos antigos camiños empedrados e as sendas de servizo das levadas de auga para os muiños… 

Ademais coñeceremos a espectacular fervenza de Liñares.

Non faltedes ¡¡¡

Coma sempre levaremos a comida/bebida con nos. A lista ábrese o venres 4 de Febreiro.

Non vos despistedes e chamade o clube para anotarvos.

   986 42 05 51