Coñécese a raia húmida como a liña que separa a Galicia de Portugal pola presenza dos ríos Miño e Trancoso (tamén coñecido como Barxas). Este último, polo seu escaso caudal, e a facilidade para cruzalo, nalgúns casos badeando, noutros con pequenas pontes de apenas un par de metros, foi un lugar onde en anos de escaseza se levou a cabo o contrabando de produtos diversos. Ata alí nos levaron os nosos pasos, percorrendo a fina liña que separa os dous países.
A mañá comezou fría, pero o sol rapidamente nos acompañou durante toda a ruta. Comezamos no mirador do embalse de Frieira e camiñamos río arriba a a través dun precioso bosque de ribeira.
Puidemos ver numerosos muiños e percorremos parte das súas levadas, que antes os abastecían e agora son so un recordo dos mesmos.
Unhas escadas nos separaron do cauce do río para achegarnos ata o punto de retorno en Ponte Barxa.
Ao regreso desviámonos para pasar pola pequena poboación de Notaria.
Case na desembocadura entramos no país veciño pola pequena aldea de Cevide, onde puidemos ver a estatua do contrabandista e camiñamos polas súas pasarelas, que nos levaron ata o punto de Portugal que se atopa máis ao norte.
Completamos a nosa actividade coa visita ao museo da Memoria e a Fronteira de Melgaço, onde puidemos ampliar coñecementos desta raia húmida e o modo de vida dos seus habitantes.
Podes ver o resto das fotos aquí