Actividades Sociais-Culturais, Retobandeira, Trevinca75anos

RETO: BANDEIRA VIAXEIRA

¡Xa temos as primeiras fotos dos socios que se animaron ao novo reto do 75 aniversario!
Alejandro Carrera e Cristina Conde no Teide

Nacho Pequeno no Mulhacén

Como ven sabedes, temos un novo desafío para todos os socios trevincos, que consiste en compartir co club todos os cumios aos que ascendades pola vosa conta.

A idea é que todos xuntos conquistemos os teitos mais significativos o longo deste 2019.

Ao rematar o ano veremos que socios subiron máis metros coa bandeira trevinca.