Actividades Sociais-Culturais, Retobandeira, Trevinca75anos

RETO: BANDEIRA VIAXEIRA #4


Xa temos novos socios cumprindo os retos deste ano coa Bandeira Viaxeira:


O pasado día 12, os socios Juan Carlos Herbello e Carlos Carrera, fixeron unha escapada de cinco días para aproveitar o bo tempo e ascender a algúns dos cumes máis significativos dos Pireneos.

Directamente de Vigo chegaron o domingo para durmir no refuxio de Góriz, e así ascender o luns ao Monte Perdido 3.348m. con moi bo tempo no que o forte vento só afectou nos metros finais.




O mércores, xa facendo base no camping Aneto de Benasque, foi a aproximación dende a ponte de Espigantosa ao refuxio Ángel Orús e ascensión ao pico Posets 3.369m. nunha longa xornada na que a neve xa bastante branda e abundante a partir dos 2.300m. dificultou bastante o ascenso.

E o xoves foi a subida polo val de Lliterola ata o pico Perdiguero 3.219m., novamente con moita neve branda, e co tempo xusto antes das novas nevaradas que ian caer esa mesma noite.


Foron cinco días para gozar da impresionante paisaxe da primavera nos Pireneos, cos seus cumios e lagos aínda nevados mentres nos vales abunda a auga e as fragas mostran as súas mellores galas de primavera.


¡Noraboa e gracias por compartir con todos nos!




Regresar a la lista