EXCELENTE ANDAINA POLO CORAZÓN DO RIBEIRO
Cun tempo excelente, e levando a calor moito mellor do que se agardaba dado que percorrido foi practicamente case todo por bosque autóctono, celebrouse este pasado domingo día 13 a XXXII edición da Marcha Galega de Montañeiros Veteranos con 36 participantes.
Evidentemente non é a cifra de outros anos, pero a situación sabemos todos que tampouco é a mesma. Con socios do noso club e de Montañeiros Celtas, moitas grazas, puidemos levar adiante esta actividade federativa e así, cando menos, «normalizar», en certa medida, a actividade sendeirista dos clubs e da FGM, algo polo que estamos moi satisfeitos.
Agradecemos pois a participación de todos os que acudístedes a esta cita desexando que na vindeira edición poidamos vernos en mellores circunstancias.
¡Moitas gracias!