Meteorolóxica e deportivamente falando, como o que aconteceu no Auditorio do Teatro Afundación coa proxección do agardado Banff, podemos dicir que vivimos o sábado 4 unha gran tarde.
As boas expectativas que tiñamos postas neste acto de celebración do 75º Aniversario, un máis, quedaron cumpridas cos nove cortos que compoñen a proxección do BANFF MOUNTAIN FILM FESTIVAL WORLD TOUR neste ano 2019 e que moitos disfrutamos.
Cun aforo de 460 butacas, que estivemos a piques de completar, gozamos dunhas imaxes cargadas de espectacularidade e beleza pero, algo que nos chamou a atención a moitos, non exentas dun enorme contido de humanidade amor e de superación que engaiolaron máis aos espectadores e nos fixeron pasar unha autentica tarde de CINE cando aínda tiñamos na mente o ofrecido na tarde anterior por Miquel Mas e a tremenda escalada nas Torres del Paine.
O acto de presentación do festival correu a cargo de Mª del Carmen Echevarría, xefa do Gabinete de Prensa da UVigo e socia do club, Alberto Bosque, representante de Banff España, e o noso Presidente Carlos Garrido.
Debemos deixar constancia aquí da nosa gratitude a todas as persoas e entidades públicas e privadas que colaboraron e fixeron posible que este acto tivera lugar, e vos transmitimos a todos os socios e amigos os parabéns dos responsables da Fundación Internacional de Cine de Huesca que van ter tamén a Vigo como un referente de calidade e participación.
MOITAS GRAZAS E PARABÉNS A TODOS
Agradecementos:
Abanca, Concello de Vigo, Universidade de Vigo, Federación Galega de Montañismo, Iddeas, Terra, Os20, Autos González e Hotel Coia de Vigo
Abanca, Concello de Vigo, Universidade de Vigo, Federación Galega de Montañismo, Iddeas, Terra, Os20, Autos González e Hotel Coia de Vigo