Saímos esta pasada fin de semana dende Vigo 97 persoas para xuntarnos con algo máis de 30 socios do club Trevinca Barco para ascender o macizo de Trevinca a festexar, como non podía ser doutra maneira, o 75º aniversario do noso club na cima que lle dá nome.
Xuntas todas as seccións do club, pequenos e maiores acompañados do club Peña Trevinca Barco, tomamos os cumes da zona. Os rapaces fixeron cumio no Pena Survia 2.116m, participando algunha cativa de tan só 5 anos. Por outro lado, o grupo de adultos e xuvenís camiñaron ata chegar á cota 2.127m, coroando Pena Trevinca; neste caso a persoa máis veterana tiña 72 anos.
![]() |
Grupo no cumio en Trevinca 2.127m. |
Rapaces no cumio no Pena Surbia 2.116m. |
Pasamos a noite no pavillón do Barco de Valdeorras. Ao día seguinte houbo unha marcha ata a hora do xantar.
![]() |
Ruta do domingo por Correxais |
Despois de cambiarnos e refrescarnos fomos directos ao acto de confraternidade, co gallo do 75º aniversario.
O encontro de 179 persoas foi toda unha homenaxe á fundación do club, coa proxección de vídeos dos dous clubs que, aínda que agora sexan distintos, dende o comezo están unidos pola mesma raíz.
![]() |
Na pantalla Ricardo Guiarrián o fillo do primeiro presidente de Trevinca Gonzalo Gurriarán |
O acto rematou coa entrega de diferentes recoñecementos e agasallos…
![]() |
Os infantís tras uns agasallos |
![]() |
Homenaxeados |
![]() |
Carlos Garrido entregando a Miguel de la Cal un agasallo conmemorativo |
Queremos agradecer a participación de todos vós, grandes e cativos. Este foi un acto moi esperado que celebramos cun rotundo éxito. Sempre será unha data que lembraremos por anos e anos…
Grazas por asistir a estes actos tan importantes que fan que o club se reafirme en que, aínda que ten 75 anos, é moi novo e ¡ten moito que darnos a todos!
Fotografías: Diversos socios do clube e «Somos Comarca»
Fonte: Seguinte enlace