Novas do mundo

Rapaces… toca descansar!

Aquí queda un pequeno artigo que hoxe viña publicado no «Atlántico» e fai referencia a emotiva e cariñosa homenaxe que onte tivo lugar na Praza do Rei para recibir a Javi Pereiro e Nacho Pequeno despois da súa fazaña no Mont-Blanc.
 
 
Queremos agradecerlle, primeiramente, a eles a súa paciencia xa que os vinte minutos programados convertéronse en hora e media, e alí permaneceron os dous aguantando estoicamente.
Facerlle chegar o noso agradecemento ao  Alcalde da cidade Abel Caballero e ao Concelleiro de Deportes Manel Fernández por adicarnos parte do seu tempo uníndose a esta merecida homenaxe.
Aos familiares, amigos e socios que se achegaron ata a Praza do Rei.

Moitísimas grazas a tod@s por estar!!!




Esquerda: Carlos Garrido Presidente Trevinca, Nacho Pequeno, Javi Pereiro,
Pedro Outón Ex-Presidente Trevinca, Lois Faro Vicepresidente Trevinca

 
Estas fotos son do noso socio Francisco Álvarez, grazas Paco.