Novas do mundo

“Quiroga Trail Challenge Trail do Castelo”

No val de Quiroga, algúns practican deportes como  parapente ou sendeirismo, pero hai un reto que vai moito máis alá disto: un trail de montaña no que podes descubrir os teus límites.

“Trail do Castelo”, recibe o seu nome por pasar polo Castelo de Torrenovaes. Ten tres distancias. Unha Ultra Trail, que acumula 6.500 metros de desnivel en 62k, unha de 4.800 metros en 42k e outra de 2.600 metros en 23k.
 
Na primeira delas, no Ultra Trail tivemos este ano representación “trevinca”, o noso amigo, compañeiro e socio Javier Pereiro participou nela rematando cun nada despreciable tempo.
 
Desde aquí facémoslle chegar a nosa NORABOA!!!
 
 
Por certo, na noticia sumáronlle algún aniño máis, aínda lle quédan algúns para cambiar de década.