Actividades dos Infantís, Actividades dos Xuvenís, Actividades Escalada

«QUEDADA EN BUDIÑO» (23- 24 Maio)

As Vocalías de Escalada, Infantís e Xuvenís de maneira conxunta presentan esta actividade que levaremos a cabo no entorno do refuxio «Abel Alonso» en Faro Budiño, para a fin de semana do 23- 24 Maio.
 

O sábado 23 a partir das 4 da tarde xa nos concentraremos no lugar para comezar a montar os grupos de escalada. Tanto infantís como xuvenís ou os maiores teremos a oportunidade de practicar escalada, rapel e outras actividades.
A cea do sábado e o almorzo do domingo os pon a organización por un módico prezo. Cabe a posibilidade de durmir no refuxio ou vivaquear nos arredores. É PRECISO APUNTARSE PARA A NOITE DO SÁBADO.
O domingo 24, a partir das dez da mañá comezaremos de novo as actividades, e mesmo poderemos saír a percorrer algún sendeiro pola zona.

O xantar do domingo cada un deberá levar o seu…. ou un pouquiño mais para compartir.

¡¡¡¡¡¡ A LISTA PARA APUNTARSE ESTÁ ABERTA!!!!!!
 
ANIMATE A PARTICIPAR NESTA 1ª QUEDADA EN BUDIÑO.
(Aínda quedará tempo para as “obrigas democráticas”).