Actividades Sociais-Culturais

Proxección de fotos «Kilimanjaro» e sorteo de material (Venres 29)

Lembrade que o venres 29  ás 20:30 h. os nosos compañeiros Oli Fernández e Rafael Suárez proxectarán unha interesante sesión de fotos explicando o seu trekking de sete días no Kilimanjaro o pasado mes de Setembro. Estarán acompañados do noso amigo e socio Augusto Vila quen nos falará da súa experiencia na mesma ascensión pero por una ruta diferente. A presentación durará perto dunha hora.

Ó remate  terá lugar o sorteo da casa rural e do material de montaña entre os socios federados.