Son moitas, moitas máis das que nun principio puideramos imaxinar. E, certamente, temos que utilizar esta palabra “imaxinar”, destinada para referirse a sucesos ou cousas que non existen, cando queremos pensar en destacar a mulleres cun papel na historia que tería que ser coñecido e valorado por todas e todos. Non deberiamos ter que imaxinar nin supoñer se o noso coñecemento fose máis amplo como consecuencia de que estas grandes mulleres, que as hai en todos os ámbitos da vida, tiveran no seu momento o merecido recoñecemento e a posterior divulgación da súa valía ou aportación á sociedade.
Lamentablemente non é así, e continuamos atrapados na ignorancia coa que fomos “educados” deixando atrás coñecementos e feitos que, de telos recibidos axeitadamente e no seu momento, hoxe xa teríamos moito camiño andado e viviríamos cara a unha sociedade máis xusta e equilibrada. Cando aínda andamos nestas é que, intencionadamente ou non, algo fixemos mal.
Con esta breve reflexión quero facer unha pequena aportación, para dar a coñecer a mulleres cuxa aportación á sociedade segue sen ser suficientemente coñecida, e recoñecida tamén.
HEDY LAMARR (Austria 1917- EEUU 2000)

Enxeñeira, inventora e famosa actriz de Hollywood, os seus descubrimentos permitiron o desenvolvemento do WIFI. Era considerada unha das actrices máis belas do mundo e a inventora do sistema de comunicacións denominado “técnica de transmisión no espectro alargado” no que se basean todas as tecnoloxías inalámbricas de que dispoñemos na actualidade. Actriz, enxeñeira de telecomunicacións e inventora cuxo encanto e elegancia eclipsou as súas outras facetas.
Carlos Garrido
Fonte de información: Universidade Politécnica de Madrid.
PINCHAR AQUÍ.