Este ano celébranse eleccións na Federación Galega de Montañismo e todas as persoas maiores de 18 anos e que levemos dous anos federadas estamos invitadas a participar. Destas eleccións dependerán as liñas de actuación da federación nos próximos 4 anos, polo que é importante que haxa unha grande participación por parte de todos os estamentos (deportistas, técnicos, árbitros).
Toda a información oficial sobre estas eleccións: regulamentos, censos, actas da xunta electoral… podedes consultala na páxina web da federación, na pestana de Federación, Transparencia, Proceso electoral 2022 rexistrándovos co DNI Proceso Electoral 2022 – Federación Galega de Montañismo (fedgalmon.gal)
No seguinte cadro deixámosvos as datas máis importantes deste proceso electoral:
Convocatoria de Eleccións | 20 de xullo |
Solicitude do voto por correo | 20 de xullo ao 1 de setembro |
Publicación do censo provisional e prazo de reclamacións | 20 de xullo ao 4 de agosto |
Publicación do censo definitivo | 25 de agosto |
Presentación de candidaturas á Asemblea Xeral | Do 25 ao 30 de agosto |
Proclamación de candidaturas se non hai recursos | 6 de setembro |
Fin do prazo para emitir o voto por correo | 6 de outubro |
XORNADA ELECTORAL | 15 DE OUTUBRO
DE 16 A 20 h |
Proclamación dos membros electos da Asemblea Xeral | 28 de outubro |
Presentación de candidaturas á Presidencia da FGM | 28 de outubro ao 3 de novembro |
Constitución da Asemblea Xeral e votación á Presidencia | 3 de decembro |
Toma de posesión da Presidencia da FGM | 23 de decembro |
Dende o club iremos publicando os enlaces ás distintas propostas para a presidencia da federación para que poidades ir coñecéndoas.
- Equipo de Josefina Maestu: https://facebook.com/josefinamaestu.fgm