Na tarde do xoves 25, no patio de armas do Castelo de Soutomaior, entregáronse os premios «Lois Peña Novo». Un grupo de socios do Club tivemos a fortuna e o pracer de asistir a este acto.
Este premio anual atópase na súa 21 edición e pretende recoñecer o traballo das persoas que en distintos eidos da vida pública, ensino, ciencia, historia, xudicatura, etc, se expresan na nosa lingua coa finalidade de estimular a conciencia da galeguidadena cidadanía e nos representantes institucionais de forma tal que poidan provocar a revolución mental que Galicia necesita.
Tres foron os premiados. Entre eles RicardoGurriarán, colaborador deste blog e como todos coñecedes, fillo do noso fundador GonzaloGurriarán.

![]() |
Os premiados: Dª Consuelo Castro Rey, Dº Ángel Carracedo Álvarez y Dº Ricardo Gurriarán Rodríguez |
![]() |
Dº Ricardo Gurriarán |
Tras recoller o premio e xa nos agradecementos, Ricardo tivo un inesperado e agarimoso recordo para o Club Peña Trevinca. Ante o numeroso público asistente expresou de forma inequívocao cariño polo noso Club e as marabillosas lembranzas que a súa fundación representan para él.
A orixe de Trevinca ocupa unha boa parte do libro que Ricardo publicou no ano 2005 adicado á memoria do seu pai e co que obtivo o premio «Pedro Tertuliano».
Sen dúbida foi unha moi grata xornada para todos nós.