Notas Informativas

PREMIOS AGAXEDE 2020

Premios Galicia á Xestión Deportiva

A Asociación Galega de Xestores Deportivos  (AGAXEDE) premia ao noso club co galardón pola Xestión Sostible no Deporte do ano 2020.

O Xurado composto por representantes de entidades   como a  Secretaria Xeral para o Deporte, a Fegamp, a prensa deportiva, a Ufedega, as Facultades de Ciencias del Deporte de A Coruña e de Vigo e o Colef-Galicia estimaron  apropiado recoñecer a longa traxectoria social, deportiva e a labor altruísta  cas persoas e ca defensa do medio natural que leva feito o noso club ao longo xa  de máis de 75 anos.

Un recoñecemento que nos enche de orgullo a todos os socios e socias e que anima á Xunta Directiva a traballar e a buscar novos obxectivos, como o recentemente creado ca  Vogalía de Medioambiente que comeza a ser unha realidade e que conta xa co apoio da UVigo, a FEDME e o Concello de Vigo para novos proxectos.

NORABOA SOCIAS, SOCIOS E TODAS AS XUNTAS DIRECTIVAS QUE O FIXERON POSIBLE.

Máis info aquí

Regresar a la lista