Actividades Montañismo e Sendeirismo, Fotos

POLA SENDA DAS ESTRELAS (ETAPA IV)

 

Cun percorrido máis polo interior que os anteriores, que foron máis pegados á costa, puidemos levar a cabo esta nova etapa con apenas choiva e, como case sempre, con mellor climatoloxía da que nos anunciaban.

Tal como se describía na circular, pasamos por unha fermosa zona de penedos coma se fora un «pequeno Pindo» e logo de aldea en aldea por vellos camiños de carro seguindo unha senda buscada por Tomás e o seu equipo que ben merece ser trazada e homologada como sendeiro.

 

En definitiva unha nova actividade de sendeirismo que deixa AQUÍ os seus recordos.

Regresar a la lista