Actividades Sociais-Culturais

“PEÑA TREVINCA” CON “MONTAÑEIROS GALEGOS POLO NEPAL”

Xa sabedes que o noso club forma parte do colectivo “Montañeiros Galegos polo Nepal”. Deixámosvos o programa das derradeiras actividades que se van a celebrar durante esta fin de semana.
Tomade nota delas e agardamos a vosa presenza.
 
SÁBADO 23 DE ABRIL, ÁS 20:30 HORAS
(VALLADARES, VIGO)

 

PROGRAMA PARA O DOMINGO 24 DE ABRIL
(SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Lembrade, a este acto en Santiago poderán acudir TODOS OS QUE QUEIRAN, sempre que se apunten nun club de montaña, para levar un control.

 
CONFERENCIA DE MARÍA CLIMENT, LUNS,  25 DE ABRIL ÁS 20:00 HORAS
(CLUB FARO, VIGO)

Coincidindo coa data exacta do 1º aniversario do terremoto, María Climent, directora de SOS HIMALAYA, ofreceranos a conferencia: “El terremoto de Nepal un año después”. María, que leva de novo unhas semanas no Nepal, acode encantada a este acto para agradecer o esforzo dos montañeiros galegos e transmitirnos en primeira persoa a gratitude da xente que, tras ver como perdían a súa familia e o pouco que posuían para vivir, poden agora aferrarse á esperanza de ter unha nova vivenda e unha escola á que mandar aos seus fillos. Ela vainos explicar onde e como se están a aplicar as axudas, e cales son as prioridades e as necesidades que se veñen cubrindo, grazas a estas axudas que chegan dende lugares tan afastados como Galicia.
¡¡¡¡CONTAMOS COA VOSA PARTICIPACIÓN NESTA RECTA FINAL SOLIDARIA!!!