Actividades Montañismo e Sendeirismo, Actividades Sociais-Culturais

 PATEANDO CON DISCAMINO

 

O pasado domingo día 28 levamos unha boa «paliza» pateando cos amigos de DISCAMINO. Poidemos «disfrutar» dun terreo máis chan que na anterior ocasión e con tal motivo nos levaron coa lingua de fora casi os 21 km do percorrido.

O certo é que o pasamos todos moi ben e as case dúas horas de adianto no remate da marcha compensou con librarnos da choiva que viu despois.

Xa no ano 2022, posiblemente na primavera, volveremos a vernos nunha nova camiñada. Ata entón podemos ollar as fotos AQUÍ.