Actividades Montañismo e Sendeirismo

PARQUE HISTÓRICO DO NAVIA (ASTURIAS, 3-4-5 e 6 de decembro)

 

    UNHA GRAN IDEA QUE NÓS APOIAMOS

A Gran Senda do Navia
Podedes ver en «La Voz de Galicia» de hoxe esta noticia sobre a proposta de 16 concellos en recuperar 150km entre Galicia e Asturias cunha senda cuio eixo principal será o río Navia. Unha iniciativa que apoiamos e que, na procura de atopar novas rutas que ofrecer aos nosos socios, xa nos levou a fixarnos nesta zona dende hai un tempo e nos adiantamos, modestamente, un pouco. Precisamente o vindeiro fin de semana xa imos percorrer a zona de Boal e a Navia Asturiana. Será magnífico que esta iniciativa se leve adiante para poder percorrer unha zona de gran valor paisaxísto e cultural onde lindan as dúas comunidades. Estaremos pendentes de que esta inicativa prospere e animamos aos seus promotores a traballar por ela. Polo de pronto aínda podedes apuntarvos para disfrutar uns días na fermosa Asturias.
 
¡¡¡¡QUEDAN PRAZAS, non agardar moito!!!!

 

**Sairemos o sábado 3 ás 08:00 horas dende Plaza de España. 
 
** O sábado, de camiño, faremos una rutiña, ide preparados coa «mochila de ataque».
 
** NON é necesario levar o saco de durmir.
 
 
 
 

 


 

Regresar a la lista