Novas do mundo

OS20 Alpine Team 2018

Un ano máis o noso socio Carlos Garrido Iglesias, que será un dos homenaxeados de mañá tras 25 anos no club, formará parte do «OS20 Alpine Team 2018».
 
Hoxe mesmo foi presentado o novo equipo de grandes Alpinistas e, dado que non vai poder asistir ao acto do club no Hotel Coia, facémoslle dende aquí a nosa «pequena Homenaxe» difundindo esta noticia.  
 
Dobre NORABOA Carlos, polos 25 anos no club, e por formar parte un ano máis dese selecto grupo de alpinistas. Tamén, como non, polo agasallo que os técnicos da EGAM che asignaron no I Encontro de Alpinismo da FGM celebrado a finde pasada en San Emiliano.
 
Cantas proxeccións tes pendentes de pasarnos…???
 
 
 
Carlos é o segundo pola esquerda
 
Regresar a la lista