Actividades dos Infantís, Actividades Escalada

Os máis novos e a escalada…

O pasado sábado comezaron as xornadas de “Aproximación á Escalada” para a Sección Infantil. Nesta ocasión participan 10 menores entre nenos e nenas.
As mesmas teñen lugar nas mañás dos sábados, entre xaneiro e abril, no búlder   do noso Local Social e así os nosos socios máis novos empezan a ter contacto coa escalada: material, nudos, movementos e outras materias relacionadas con esta modalidade deportiva. 
 
ADIANTE CAMPIÓNS!!!
 
Os rapaces atentos ás explicacións do monitor de escalada e directivo Javier Sanz