Un lobishome ou licántropo, segundo a crenza popular, é un home que se converte en lobo as noites de lúa chea, comportándose como tal. Os lobishomes son os protagonistas de moitas lendas populares galegas e de fóra. Concretamente, un suceso acontecido en Galicia cobrou fama mundial, cando a mediados do século XIX Manuel Blanco Romasanta, xulgado por varios asasinatos, confesaba que por mor dunha maldición que lle botara un familiar transformábase en lobo e baixo esta forma cometía os asasinatos, impulsado polo instinto da fera. O caso espallouse polos xornais de toda España e de parte do estranxeiro, e é aínda coñecido polo gran público nos nosos días. Contámosvosresumidamente como foi…
Alá polo 1809, naceu en Esgos (Ourense) aparentemente como muller, unha meniña loira chamada Manuela. Seus país así o creron ata que cumpriu oito anos, data na que foi modificada a súa partida de nacemento quedando o seu nome masculino. Investigacións posteriores falan dun caso de hermafroditismo.
A historia conta que Romasanta non chegaba
ao metro corenta, con certos rasgos femininos, e que, como cousa excepcional naquela época, podería considerarse instruído xa que sabía ler e escribir. Casou con 22 anos e exerceu como xastre, profesión aprendida grazas a un tío seu, pero cando faleceu a súa muller mudou o oficio polo de quincalleiro, o que lle permitiu percorrer gran parte do noroeste da Península Ibérica.Foi no pobo de Allariz onde comenzou a relacionarse coa xente da vila, gañándose sobor de todo a confianza feminina… tal foi así que Manuela García Blanco, veciña da vila, e mais a súa filla Petra cando decidiron ir a Santander na procura dunha boa casa onde servir, confiaron en Romasanta, como bo coñecedor dos camiños e dos contactos necesarios no norte de España, onde mellorar as súas vidas. Tras varias semanas de ausencia, Romasanta reapareceu na vila alaricana contando unha fabulosa historia; dicía que atopara a casa dun cura amigo seu para Manuela e a súa filla, mostrando unha carta falsa (que supostamente redactara el mesmo) e que entregou aos familiares das súas vítimas para non levantar sospeitas… Desta maneira
foise levando ata 9 persoas coas que seguía o mesmo modus operandi…
A resultas destes acontecementos e dunha posterior denuncia, vese obrigado a fuxir pero finalmente é capturado en Toledo a trasladado a Ourense para ser xulgado. Alí é acusado de 13 desaparicións das que só poden probarse 9 asasinatos, se ben é certo que os corpos das súas vítimas xamais apareceron. Confesou que o fixo porque según el “transformábase en lobishome sen poder controlarse”… Logo dun ano de xuízo, finalmente foi condeado á pena capital por garrote vil.
O máis incrible é que a raíña Isabel II conmutou a condena por recomendacións dun hipnólogo francés, de nome Philips, que alegaba a necesidade de manter con vida o suposto lobishome para estudialo e comprender a orixe da “maldición”, xa que Philips sospeitaba que era vítima dun trastorno psiquiátrico chamado licantropía, polo que unha persoa cre que pode transformarse nun animal.
O último que sabemos de Manuel Blanco Romansanta é que faleceu por cáncer de estómago na prisión de Ceuta o 14-12-1863.