Actividades Escalada

Novos éxitos de escalada

As nosas socias Araceli Vale, en categoría absoluta, e Natalia Vale, en categoría sub-16, acábanse de proclamar Campioas galegas de escalada de bloque tras a celebración do Campionato Galego e a I Proba da Copa Galega de Escalada de Bloque no rocódromo Hangar4 da Coruña, o pasado sábado 16 de outubro, organizado pola Federación Galega de Montañismo.

 

Natalia participou en xullo no Campionato de España de Escalada en Idade Escolar individual e por seleccións autonómicas, celebrado en Lugo, no que acadou o 4º posto na clasificación individual e o 2º posto como selección autonómica en categoría cadete. Este campionato desenvolveuse co formato olímpico no que os deportistas tiñan que realizar as tres probas de escalada de dificultade, velocidade e bloque.

 

Tamén hai que destacar a gran participación de Natalia na Copa de España de Escalada de Dificultade. Tras a celebración das tres probas da Copa de España en Madrid, Barcelona e Zaragoza, acadou un 6º posto na clasificación xeral dun total de 30 participantes. Pódense consultar todos os resultados en http://www.fedme.es/index. php? mmod= staticContent& IDf=616& preview_ mode=1

 

Araceli Vale, pola súa banda, quedou semifinalista no evento de psicoblock RedBull PreCreepers que se celebrou na ponte de Salamanca de Ávila, no mes de xuño. Puido gozar dunha fin de semana cargada de adrenalina xunto con grandes escaladores do momento, tanto nacionais como internacionais.

 

As dúas irmás están seleccionadas para participar do 29 de outubro ao 1 de novembro no Súper Campionato de España de Bloque, Dificultade, Velocidade (Absoluto e Xuvenil) e Paraescalada que se celebrará na sala Rocópolis de Pamplona.

 

Desde o club desexámoslles moita sorte!!!