Actividades Actividades Sociais-Culturais, Actividades Escalada, Actividades Montañismo e Sendeirismo, Concursos Sociais

NOVOS CONCURSOS SOCIAIS

Trátase dunha tradición case tan antiga como o club que se mantén activa dende entón pero quizais algúns socios non tedes coñecemento dela. 
Con estes concursos  tratábase de ter un acicate máis para acudir á montaña, en solitario ou con amigos, pois non había a diversidade de actividades como agora. Pero, aínda así, e coas oportunas modificacións que se foron facendo a través dos anos, a día de hoxe son moitos os socios que participan neles e boa mostra é a entrega de trofeos que celebramos cada ano.

Precisamente aproveitamos unha ampliación que vimos de aprobar este ano, para informarvos a todos desta alternativa para gastar botasvisitando lugares con premio e convidarvos a participar neles.

Xa poderedes consultar na páxina web a nova Normativa de Concursos Sociais, unha vez que foi aprobada pola Xunta Directiva.
Nesta  actualización creouse un novo concurso denominado Memorial Gonzalo Gurriarán e unhas novas seccións de concursos de “Escalada” e “Vías Ferratas”.
Para participar no  concurso “Memorial Gonzalo Gurriarán“, como nas normas xerais se indica, non é preciso facer ningún outro previo. Son 30 cumes dunha lista de 40, dos que algúns son obrigatorios. Nel téntase coñecer e percorrer os macizos máis importantes do país. Eliximos os montes tendo en conta varios aspectos: dificultade técnica, física ou, nalgún caso, o que ese cume representa no seu macizo. Este concurso, como veredes na lista de montes a realizar, necesita o seu tempo polo que este será ilimitado. E tendo en conta a súa dificultade o premio será un trofeo e diploma.

Referente ao de Actividades de Escalada, estes teñen as súas normas xerais propias e cada concurso as súas específicas. Podendo concursar por Categorías, Escolas de Escalada, as Ferratas, 50 Vías Clásicas e Acumulación de metros de Escalada
Con esta nova sección nace un novo parte específico para a escalada que podedes descargalo premendo aquí e ver as normas.

¡Calquera dúbida será aclarada con moito gusto!