Sección de Medioambiente

Nova erradicación de eucaliptos no “Gali» -Domingo 11-

O aspecto que na primavera ofrece a contorna da Serra do Galiñeiro, onde xa comezan a coller corpo as plantacións de castiñeiros, é esplendorosa.

Nós, colaborando unha vez máis ca Comunidade de Montes de Vincios, queremos dar un repaso aos tocóns dalgunha zona que xa limpáramos de brotes de eucalipto e a unha nova franxa que, tendo xa prantados castiñeiros, precisa que eliminemos novos brotes antes de que medren máis.

Pensamos que en pouco máis de dúas horas deixaremos toda a zona que ven preparando o noso club limpa de estas invasoras. Sería estupendo ter un pouco de colaboración. Quen queira botar unha man que chame ao club. O domingo ás nove da mañá xuntarémonos no Concheiro da Avda. de Madrid. A idea é rematar para estar de novo en Vigo sobre a unha.

Material necesario: machada ou tixolas de podar ou similar e lubas.

AGARDÁMOSVOS PARA DAR CAÑA AOS EUCALIPTOS!!!

Vogalía de Medioambiente.