Actividades Escalada

Nota informativa da escalada en rocha en Donón e Cabo Udra

As zonas de escalada en rocha de Donón e Cabo Udra, sur da provincia de Pontevedra, atópanse dentro do espazo de Rede Natura 2000, polo tanto toda aquela persoa que desexe practicar a escalada nestas dúas zonas ten que solicitar unha autorización ao Servicio de Proteción da Natureza de Pontevedra. Sen esta autorización, a práctica da escalada pode ser sancionada pola vía administrativa.

Axuntamos o MODELO DE SOLICITUDE que tamén empregamos para as zonas de Enciña da Lastra para realizar o trámite. A solicitude ten que entrar por rexistro oficial, hai que quedarse con copia, e intentar enviala con dúas semanas de antelación as datas previstas da práctica de escalada.

 
Que o saibades….
 
 
 
Regresar a la lista